Advertido erro na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13 de xaneiro, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 1279, artigo 9.3.c), primeiro guión, onde di: «O custo da subcontratación deberá incluír os conceptos que a seguir se indican: - Persoal propio e de nova contratación que contrate a entidade para a realización do roxecto con carácter exclusivo para el. O seu custo non poderá superar o 40 % do custo total da subcontratación»; debe dicir: «O custo da subcontratación deberá incluír os conceptos que a seguir se indican: - Persoal propio e de nova contratación que contrate a entidade para a realización do roxecto con carácter exclusivo para el. O seu custo non poderá superar o 80 % do custo total da subcontratación».
Sustituir os anexos I ao IX existentes polos correctos.
Engadir os anexos X e XI a que fai referencia o corpo da resolución.