Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de expropiación de predios para a execución das obras de construción dun paseo no río do Regueiro.

Por medio deste anuncio, e para os efectos do disposto no artigo 21 da Lei de expropiación forzosa, no 20 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa e no 143 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público que no BOP número 2, do 3.1.2014 (páxs. 13 a 15), figura o anuncio de aprobación definitiva do proxecto de expropiación de predios para a execución das obras de construción dun paseo no río do Regueiro (A Cañiza) e a relación concreta individualizada e valorada dos bens e dereitos que se van expropiar.

A Cañiza, 7 de xaneiro de 2014

Miguel Domínguez Alfonso
Alcalde