Con data do 20 de novembro de 2013, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013258TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Aurora Irene Loureiro Gude.
Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Aurora Irene Loureiro Gude o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 17 de decembro de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2013258TA-CO.
Interesada: Aurora Irene Loureiro Gude (Cafe Bar Refugio).
DNI/NIF/CIF: 32437195-L.
Último enderezo coñecido: O Castrillón, 80, baixo,15009 A Coruña. Alcalde Pérez Ardá, 51, 2º D, 15009 A Coruña.
Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo/s infrinxido/s: artigo 7.u), artigo 19.1.3.b) e artigo 20.1 da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).
Tipificación provisional: grave.
Sanción proposta: 601 euros.