Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1499

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Lingüística Galega.

Tras obter a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e despois de se establecer o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro de 2011 por Resolución do secretario xeral de Universidades do 7 de novembro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008,

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Lingüística Galega, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Lingüística Galega

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

21

Optativas

21

Traballo fin de máster

18

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Fonética

3

OB

Fundamentos para a investigación en lingüística galega

Fonoloxía

3

OB

Morfoloxía

3

OB

Sintaxe

3

OB

Lexicoloxía e Lexicografía

3

OB

Lingüística do Texto

3

OB

Métodos de Investigación en Lingüística Galega

3

OB

Lingüística Diacrónica: Fontes de Estudo e Metodoloxía

3

OP

A lingua no tempo

Gramática Histórica: Fonética e Morfosintaxe

3

OP

Edición de Textos Medievais

3

OP

Edición de Textos Modernos

3

OP

Historia Social da Lingua: a Estandarización do Galego

3

OP

Variación e Cambio Lingüístico

3

OP

Variación lingüística

Contacto Lingüístico en Galicia

3

OP

O Galego Exterior

3

OP

Historia da Sociolingüística Galega

3

OP

Historia Social da Lingua: a Estandarización do Galego

3

OP

Gramática da Referencia: a Frase

3

OP

Nomeando o mundo: lingüística da referencia

A Linguaxe Figurada

3

OP

Léxico e Cultura Patrimonial

3

OP

Terminoloxía e Neoloxía

3

OP

Onomástica

3

OP

Traballo de fin de máster

18

OB

Traballo de fin de máster