Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 13 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica resolución.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), despois de intentada a notificación persoal dúas veces sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada no procedemento iniciado por instancia súa, contra a cal se poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Consellería de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 (RXAP-PAC). No mesmo prazo sinalado poderá comparecer persoalmente ou debidamente representado, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da resolución do expediente.

Vigo, 13 de decembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de expediente: TR802A 2013/4-5.

Interesado: Víctor Manuel Sebastián Rodríguez.

DNI: 77008314J.

Domicilio: rúa Raño, 15, baixo, 36860 Ponteareas.

Contido da resolución: denegatoria da inscrición no Rexistro de Cooperativas.