Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/75-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT, CT e RBT Arturo Fernández.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 80 m con condutor RHZ1 12/20 KV3×240 AL, con orixe na LMT existente ao CT Ordóñez 2 (32C840) e remate na LMT existente ao CT Ordóñez 1 (32CA97).

RBT subterránea de 670 m con condutor XZ1 derivada do CT proxectado subterráneo en edificio Arturo Fernández, de 1.260 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 140.542,07 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 16 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Alfonso Tomás Paz Doníz
Xefe do Servizo de Administración Industrial