Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de decembro de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda desocupada, de titularidade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situada no Poboado Mineiro de Fontao, bloque 5, vivenda 47, ALT C-D, Vila de Cruces, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-2001NR/01, conta 47).

Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do IGVS, situada no Poboado Mineiro de Fontao, bloque 5, vivenda 47, ALT C-D, Vila de Cruces, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, núm. 7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 16 de decembro de 2013

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra