Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 16 de decembro de 2013 pola que se acorda a adxudicación, polo procedemento de alleamento mediante poxa pública, de dous lotes de parcelas no concello de Oia.

Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 14 de decembro de 2012 foi autorizado o alleamento mediante poxa duns inmobles situados no concello de Oia, parroquia de Loureza. A Orde do 18 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 51, do 13 de marzo) acordou declarar deserta a adxudicación do procedemento de alleamento mediante poxa pública de corenta e oito inmobles no concello de Oia.

Tras a tramitación do procedemento previsto no artigo 72 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, o 13 de novembro de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 217, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 25 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento en cuarta poxa de dous lotes de inmobles. O día 4 de decembro de 2013 realizouse a poxa pública anunciada, co cal, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A José Villanueva Montenegro, polo prezo de 680 euros, o lote 1 composto polas seguintes parcelas:

A. Parcela nº 374 do polígono 31 do catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 777 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcelas nº 370 de Mercedes González Amado; ao sur, con parcelas nº 375 de M. Nieves Estévez Fernández, nº 380 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia– e nº 381 de Daniel Fernández Miranda; ao leste, con parcela nº 451 do Concello de Oia; ao oeste, con parcela 373 de descoñecido. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14935, tomo 1.253, libro 69 e folio 11. Referencia catastral: 36036A031003740000QF.

B. Parcela nº 380 do polígono 31 do catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 283 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 374 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; ao sur, con parcela nº 379 de Alfredo Fernández Giráldez, nº 353 de Deolinda González Fernández e nº 352 de Daniel Fernández Miranda; ao leste, con parcela nº 381 de Daniel Fernández Miranda; ao oeste, con parcela nº 375 de M. Nieves Estévez Fernández. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14936, tomo 1.253, libro 69 e folio 12. Referencia catastral: 36036A031003800000QK.

C. Parcela nº 414 do polígono 31 do catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 560 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 415 de María del Carmen González Fernández e nº 418 de M. Nieves Estévez Fernández; ao sur, con parcelas nº 401 de M. Nieves Estévez Fernández, nº 416 de María del Carmen González Fernández e nº 419 de María de las Nieves Fernández Miranda; ao leste, con parcela nº 403 de Mercedes González Amado, nº 412 de Máximo González Treinta e nº 413 de Domingo Cuevas González; ao oeste, con parcela nº 417 de Delia Cuevas González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14937, tomo 1.253, libro 69 e folio 13. Referencia catastral: 36036A031004140000QI.

D. Parcela nº 422 do polígono 31 do catastro, que figura co nome de Sobredomuíño, de 319 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 420 de Mercedes Pregal González, nº 421 de M. del Mar Acevedo Otero; ao sur, con parcela nº 423 de José Luis González Iglesias; ao leste, con parcela nº 389 de Deolinda González Fernández; ao oeste, con parcela nº 424 de José Manuel Fernández Miranda. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14938, tomo 1.253, libro 69 e folio 14. Referencia catastral: 36036A031004220000QU.

E. Parcela nº 85 do polígono 31 do catastro, que figura co nome de Tendal, de 372 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 79 de Generosa González Fernández; ao sur e leste, con camiño; ao oeste, con parcela nº 84 de Gumersindo González Fernández. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14925, tomo 1.253, libro 69 e folio 1. Referencia catastral: 36036A031000850000QT.

2. A José Villanueva Montenegro, polo prezo de 650 euros, o lote 2 composto polas seguintes parcelas:

A. Parcela nº 431 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 453 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcelas nº 430 de M. del Mar Acevedo Otero e nº 454 de Benito Fernández González; ao sur, con parcelas nº 432 de Benito Fernández González e nº 452 de Argentina Cuevas González; ao leste, parcela nº 526: monte veciñal en man común de Valga Lousado, Loureza, Oia; ao oeste, con nº 453 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14947, tomo 1.253, libro 69 e folio 23. Referencia catastral: 36036A033004310000QX.

B. Parcela nº 439 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 652 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcelas nº 438 de Donato Otero Álvarez e nº 451 de Manuel Fernández Giráldez; ao sur, con parcelas nº 444 de Benito Fernández González e nº 445 de Gumersindo González Fernández; ao leste, con parcelas nº 441 de Donato Otero Álvarez, nº 442 de Máximo González Treinta, nº 443 de M. del Mar Acevedo Otero e nº 526: monte veciñal en man común de Valga Lousado, Loureza, Oia; ao oeste, con parcelas nº 440 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–, nº 447 de José Treinta González e nº 450 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14948, tomo 1.253, libro 69 e folio 24. Referencia catastral: 36036A033004390000QW.

C. Parcela nº 440 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 111 m2 de superficie, que estrema: ao norte e leste, con parcela nº 439 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; ao sur, con parcela nº 444 de Benito Fernández González; ao oeste, con parcelas nº 446 de Máximo González Treinta; nº 447 de José Treinta González. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14949, tomo 1.253, libro 69 e folio 25. Referencia catastral: 36036A033004400000QU.

D. Parcela nº 450 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 380 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 438 de Donato Otero Álvarez e nº 451 de Manuel Fernández Giráldez; ao sur, con parcela nº 447 de José Treinta González, nº 448 de Deolinda González Fernández e nº 449 de Antonio Durán Álvarez; ao leste, con parcela nº 439 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; ao oeste, con regato. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14950, tomo 1.253, libro 69 e folio 26. Referencia catastral: 36036A033004500000QQ.

E. Parcela nº 453 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campo Dabaixo, de 508 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcela nº 454 de Benito Fernández González; ao sur, con parcelas nº 451 de Manuel Fernández Giráldez e nº 452 de Argentina Cuevas González; ao leste, con parcela nº 431 de María Isabel Luz Divina Rodríguez Núñez –hoxe Comunidade Autónoma de Galicia–; ao oeste, con regato. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14951, tomo 1.253, libro 69 e folio 27. Referencia catastral: 36036A033004530000QT.

F. Parcela nº 496 do polígono 33 do catastro, que figura co nome de Campiño Novo, de 929 m2 de superficie, que estrema: ao norte, con parcelas nº 510 de Casimiro González Fernández e nº 506 de José Luis González Iglesias; ao sur, con parcela nº 504 de Elvira Rodríguez Diego, nº 497 de Daniel Fernández Miranda e nº 493 de José Luis González Iglesias; ao leste, con parcelas nº 495 de José Luis González Iglesias, nº 494 de Casimiro Fernández González e nº 505 de Manuel Fernández Giráldez; ao oeste, con camiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui como predio nº 14953, tomo 1.253, libro 69 e folio 29. Referencia catastral: 36036A033004960000QI.

Segundo. Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierros
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda