Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de exposición pública relativo ao expediente 2013/U014/0002.

O expediente de licenza de actividade núm. 2013/U014/000002 para levar a cabo a ampliación de estabulación libre de gando vacún de leite, situada no lugar de Castro, parroquia de Salto, sométese a información pública polo prazo de vinte días, que se contará a partir do seguinte ao da inserción do anuncio na derradeira publicación (DOG e BOP), para que poidan formularse as alegacións individuais ou colectivas, tanto de oposición como de modificación ou rectificación.

O referido expediente pode consultarse durante as horas de oficina na Secretaría do Concello.

Vimianzo, 9 de decembro de 2013

Manuel Antelo Pazos
Alcalde