Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 852

III. Outras disposicións

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013, da Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, pola que se fai público o acordo plenario polo que se establece o número, distribución de asuntos e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia para o ano 2014.

De conformidade co establecido no artigo 18 do Decreto 282/2003, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta Presidencia resolve:

Facer público o Acordo plenario do 19 de decembro de 2013, do Consello Consultivo de Galicia, polo que se establecen o número, distribución de asuntos e composición das seccións do devandito Consello Consultivo para o 2014, do teor literal seguinte:

«Segundo o disposto nos artigos 15 e 16 da Lei 9/1995, do 10 de novembro, de creación do Consello Consultivo de Galicia, e nos artigos 16 e 18 do seu regulamento de organización e funcionamento, aprobado polo Decreto 282/2003, o Pleno do Consello Consultivo de Galicia, na súa reunión do día 19 de decembro de 2013, acorda:

1. Establecer o número e composición das seccións do Consello Consultivo de Galicia en relación coas solicitudes de ditames correspondentes ao ano 2014 da forma seguinte:

– Sección primeira:

Presidenta: Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón.

Vogais:

Francisco Javier D’Amorín Viéitez.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

José Luis Costa Pillado.

Secretario: Abelardo Blanco Serrano.

– Sección segunda:

Presidente: José Gonzalo de la Huerga Fidalgo.

Vogais:

Francisco Javier D’Amorín Viéitez.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

José Luis Costa Pillado.

Secretaria: Mª José Quintana Acebo.

2. A distribución de asuntos entre elas efectuarase por quenda alternativa segundo a orde de entrada da solicitude de ditames.

3. Que, de acordo co parágrafo segundo do citado artigo 18, se publique este acordo no Diario Oficial de Galicia».

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia