Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 17 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador ICA-OU-0064/2012-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente ICA-OU-0064/2012-V.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da presente, de acordo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente nº: ICA-OU-0064/2012-V.

Interesada: Bodegas Castrelo, S.L.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: estrada de Quintas, s/n, 32570 Maside (Ourense).