Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de decembro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación e prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/49/2013, e a orde de suspensión de obras ditada no expediente POL/49/2013-S1, devoltos polo servizo de Correos por resultar o destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 12 de novembro de 2013, incoar expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade entre outros a Promalar, S.L., por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da Espiñeira-Aldán, termo municipal de Cangas (Pontevedra). Así mesmo, a directora da Axencia o 21 de novembro de 2013 ditou resolución pola que se ordena a suspensión inmediata das citadas obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal dos devanditos acordos, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícanselle ao interesado as devanditas resolucións.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC os actos non se publican na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro de ambos os acordos que se notifican se encontran ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

En relación co acordo de incoación, o interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

En relación coa orde de suspensión de obras, infórmase que esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citada interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística