Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación urxente e anticipada de gasto, dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación da Consellería do Medio Rural e do Mar (Secretaría Xeral do Mar) en distintos certames coas entidades galegas no exterior, para realizar no ano 2014, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 9/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación da Consellería do Medio Rural e do Mar (Secretaría Xeral do Mar) en distintos certames coas entidades galegas no exterior, que se realizará no ano 2014: Córdoba (abril), Barcelona (abril), Bos Aires-Arxentina (maio), País Vasco (xuño) e Alemaña (xullo).

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata os cinco días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 120.000,00 €, IVE (21 %): 25.200,00 €. Importe total: 145.200,00 €.

Valor estimado: 120.000,00 €.

5. Financiamento: Fondos Propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20000

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará no día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 13.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013

Por ausencia
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar