Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 510

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO da contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na estación marítima de pasaxe no concello da Guarda.

Aprobado por acordo do Pleno do Concello da Guarda do 29 de novembro de 2013 o expediente de contratación, incluídos o pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudicar a contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na estación marítima de pasaxe no concello da Guarda, exponse ao público durante 8 días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultaran necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, s/n, 36780, teléfono 986 61 00 00, fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudicar a contratación da xestión, explotación e posta en funcionamento do establecemento destinado a cafetaría na estación marítima de pasaxe no concello da Guarda.

Duración.

Quince (15) anos, sen posibilidade de prórroga.

Canon anual.

Establécese como prestación económica á explotación dos locais e instalacións un prezo anual mínimo de 7.000 € (sete mil euros anuais), que pode ser incrementado polos licitadores.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación ordinaria.

Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: cinco mil seiscentos (5.600) euros.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no rexistro xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG (artigo 159 TRLCSP), na forma sinalada na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

Ás dez horas do sexto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación, en acto público, procederá á apertura das propostas económicas e técnicas presentadas (sobres B e C). Para estes efectos, se tal día for sábado, o acto terá lugar no día hábil seguinte.

Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

A Guarda, 2 de decembro de 2013

José Manuel Domínguez Freitas
Alcalde