Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 400

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2013 pola que se acorda publicar o orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2014.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 19 de decembro de 2013, e de conformidade con disposto no artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), e o artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2014.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o dito orzamento, que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 114.923.507,25 euros segundo o detalle anexo.

A Coruña, 20 de decembro de 2013

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO Á RESOLUCIÓN DO 20 DE DECEMBRO DE 2013

1. Clasificación económica.

Resumo por capítulos

Ingresos

2014

Capítulo III: taxas, prezos públicos e outros ingresos

14.950.900,00

Capítulo IV: transferencias correntes

82.312.831,83

Capítulo V: ingresos patrimoniais

460.000,00

Capítulo VII: transferencias de capital

14.167.446,36

Capítulo VIII: activos financeiros

2.952.771,20

Capítulo IX: pasivos financeiros

79.557,86

Total orzamento de ingresos 2014

114.923.507,25

Gastos

2014

Capítulo I: gastos de persoal

83.871.898,07

Capítulo II: gastos correntes en bens e servizos

15.705.203,53

Capítulo III: gastos financeiros

58.500,00

Capítulo IV: transferencias correntes

3.246.495,40

Capítulo V: fondo de continxencia

250.000,00

Capítulo VI: investimentos reais

11.028.470,26

Capítulo VII: transferencias de capital

1.270,00

Capítulo VIII: activos financeiros

11.670,00

Capítulo IX: pasivos financeiros

750.000,00

Total orzamento de gastos 2014

114.923.507,25