Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 406

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3224/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3224/2011 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Blanco Maseda contra a empresa Holding de Cadena y Productos Costablanca, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos, que estimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Verónica Vigo Santamariña, en nome e representación de María Jesús Blanco Maseda, contra a sentenza do 30 de marzo de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente contra a empresa Holding Cadena y Productos Costablanca, sobre cantidade, en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos revogar e revogamos parcialmente a citada sentenza e, con desestimación da excepción de prescrición formulada pola representación do Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a condena imposta á empresa na sentenza de instancia, condenando o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a se ater á condena imposta á empresa.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

En canto sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Holding de Cadena y Productos Costablanca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial