Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 446

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria para ser notificada por comparecencia na resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Acto notificado: Resolución do 7 de outubro de 2013 de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cerqueda (Malpica de Bergantiños, A Coruña).

Interesada: Mariela Elisabeth Suárez Soto.