Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 310

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da xestión dos servizos da escola municipal de teatro.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº expediente: 14994-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión parcial, desenvolvemento e impartición de docencia para as actividades de formación teatral que o Concello de Vigo programa anualmente a través da escola municipal de teatro.

Lugar de execución: na sede da escola municipal de teatro, avda. de Castelao 87-interior (36209 Vigo).

Prazo de execución: un ano máis unha prórroga desde o día seguinte á data de finalización do contrato ata o día 31 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 100.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: vexase punto 6 do anuncio.

Data e hora: se anunciará no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 17 de decembro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación