Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 300

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de pregos da licitación (As-49/2013).

Mediante resolución da Área de Facenda e Administración Pública, do 23 de decembro de 2013, anúlase o prego de cláusulas administrativas particulares regulador da contratación do servizo de conserxaría e outros servizos de natureza polivalente para o funcionamento do Centro Cívico de San Pedro de Visma (As-49/2013) e apróbase un novo prego. O anuncio de licitación foi publicado no DOG núm. 215, do 11 de novembro de 2013, páxina 43941.

Segundo o artigo 75 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos, o prazo de presentación de ofertas será de 15 días a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de decembro de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública