Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 10 de decembro de 2013, do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de apertura de expedientes sancionadores (111/13 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que se citan a continuación a apertura de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG núm. 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 111/13.

Denunciado: Promociones Severino Estévez Comesaña, S.L.

Enderezo: avda. Castrelos, 234 D, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 112/13.

Denunciado: Construcciones y Promociones Malayo, S.L.

Enderezo: r/ Sorrego, 6, Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: 113/13.

Denunciado: Malteca Alxén.

Enderezo: Alxén, Toucedo, s/n, 36458 Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Nº de expediente: 117/13.

Denunciado: Construcciones Hermanos Veiga Reboreda, S.L.

Enderezo: Campo de Fútbol, 3, 36800 Redondela (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 10 de decembro de 2013

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra