Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se somete a información pública un expediente de modificación de contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación do seguinte contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral:

– V-7046;XG-420 Lugo-Portomarín-Sarria.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, 2º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.lugo@xunta.es

Lugo, 2 de decembro de 2013

María del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo