Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cualedro

ANUNCIO para a contratación da xestión do servizo de iluminación pública deste concello.

A Xunta de Goberno Local na sesión do 5 de decembro de 2013 aprobou o prego de condicións administrativas e técnicas para o contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública, por procedemento aberto concurso, coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cualedro.

Teléfono: 988 42 40 04; fax: 988 42 40 26.

2. Obxecto do contrato:

Contrato de xestión e mantemento das instalacións eléctricas municipais e iluminación pública.

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Fíxase o tipo de licitación máximo en 102.189,32 € por ano (IVE incluído). O importe máximo de euros polos catro anos de contrato será de 408.757,28 €.

5. Obtención de documentación e información:

Concello de Cualedro. Avda. de Portugal, 8. CP 32689.

Teléfono: 988 42 40 04; fax: 988 42 40 26.

6. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 30 días naturais a partir da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día é sábado ou inhábil, rematará o primeiro día hábil posterior.

Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Cualedro.

7. Apertura das ofertas:

O acto de apertura das ofertas terá lugar ao día seguinte hábil á finalización do prazo de presentación das ofertas, ás 10.00 horas.

8. Criterios de adxudicación:

Os que figuran no anexo I do prego de condicións.

Cualedro, 10 de decembro de 2013

Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde