Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 138

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2013 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 93/2012, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 93/2012 (procedemento ordinario) interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra a convocatoria do 27 de decembro de 2011, para un contrato en prácticas na categoría laboral de titulado superior (Dereito), na Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Carlos Paz Miño
Director da División de Recursos Humanos
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e as súas sociedades