Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación urxente e anticipada de gasto, dos servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte das salas de degustación da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar en Alimentaria Barcelona (tres lotes) (expediente 8/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte de tres postos da Consellería do Medio Rural e do Mar en tres pavillóns (Intervin, Intercarn e Interlact) do certame feiral Alimentaria Barcelona, que terá lugar en Barcelona do 30 de marzo ao 3 de abril do ano 2014).

c) División por lotes e número: si, tres. Lote 1: Intervin, lote 2: Intercam e lote 3: Interlact.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata os cinco días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1. Importe neto: 104.140,00 €; IVE: 21.869,40 €; importe total: 126.009,40 €.

Lote 2. Importe neto: 40.500,00 €; IVE: 8.505,00 €; importe total: 49.005,00 €.

Lote 3. Importe neto: 38.500,00 €; IVE: 8.085,00 €; importe total: 46.585,00 €.

Valor estimado: 183.140,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 00 62 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19988

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B, terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2013

P.A. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar