Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 83

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2013/177-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: rúa Maior, 18, 36520 Agolada.

Denominación: LMTS, CT e RBT Cadrón.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 400 metros de lonxitude, con orixe no apoio 7 da LMT Ponte Vilariño-CH Castelo e final no CT proxectado. Centro de transformación de 100 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado en Cadrón, Lalín. RBT subterránea de 90 metros de lonxitude con condutor RV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de agosto de 2013

P.A. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial