Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 79

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 17-3 do concello de Arteixo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a Decisión do 28 de novembro de 2013 de non someter o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 17-3 do concello de Arteixo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da devandita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1588/2013.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental