Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 97

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013124TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 7 de novembro de 2013, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013124TA-LU, incoado na Xefatura Territorial de Lugo a José Manuel Ron Lombardero, titular do establecemento Café-Bar Rony Bar.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Manuel Ron Lombardero, titular do establecemento Café-Bar Rony Bar, o contido da referida proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, nº 9, de Lugo, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 17 de decembro de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2013124TA-LU.

Denunciado: José Manuel Ron Lombardero, titular do establecemento Café-Bar Rony Bar.

DNI: 76570402K.

Último enderezo coñecido: estrada xeral, núm. 10, A Pontenova (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).