Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Martes, 31 de decembro de 2013 Páx. 53076

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de decembro de 2013 pola que se procede á ampliación dos importes para o financiamento das axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14.

Por medio da Orde do 30 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio) a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14.

O artigo 17 desta orde establece que estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.423A.780.0 por importe total de 15.696.894,00 euros para o ano 2013, e na contía de 500.000,00 euros para o ano 2014, importes que, se fose o caso, se poderán ampliar.

Mediante a Orde do 10 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 18 de outubro) procedeuse a incrementar o importe en 2.565.382,04 euros para esta mesma finalidade e con cargo á aplicación orzamentaria 09.60.423A.780.0.

Como consecuencia da existencia de remanentes no mesmo servizo e tendo en conta que estas axudas non están sometidas ao réxime de concorrencia competitiva e que o importe asignado non é suficiente para atender os compromisos adquiridos ao abeiro da convocatoria, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo único. Incrementar o importe para financiar as axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centos sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/14, en dous millóns seiscentos corenta e catro mil euros (2.644.000,00 euros), de acordo co establecido no artigo 17 da Orde do 30 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria