A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade ás actuacións que a continuación se relacionan en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1) Entidade adxudicadora:
Organismo: Augas de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: contratación.
Tipo de contrato: administrativo de prórroga de servizo.
Tramitación: ordinaria.
2) Obxecto do contrato: servizo.
a) Descrición: explotación da rede de control das augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.
Número de expediente: OH.088.302.SV.
CPV (referencia de nomenclatura): 90743100-8.
Medio e data de publicación da previsión da prórroga: nos anuncios de licitación (DOG núm. 77, do 19 de abril de 2011; BOE núm. 103, do 30 de abril de 2011 e no DOUE núm. S73, do 14 de abril de 2011).
Data de aprobación da prórroga: 4 de outubro de 2013.
Importe da prórroga: importe neto: 322.636,70 euros. Importe total: 390.390,41 euros.
Data de formalización do contrato: 23 de outubro de 2013.
Contratista: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L.
b) Descrición: explotación e mantemento da rede foronómica de Galicia-Costa.
Número de expediente: OH.088.306.SV.
CPV (referencia de nomenclatura): 50312310-1.
Medio e data de publicación da previsión da prórroga: nos anuncios de licitación (DOG núm. 103, do 30 de maio de 2011; BOE núm. 133, do 4 de xuño de 2011 e no DOUE núm. S99, do 24 de maio de 2011).
Data de aprobación da prórroga: 4 de outubro de 2013.
Importe da prórroga: importe neto: 445.023,08 euros. Importe total: 538.477,93 euros.
Data de formalización do contrato: 23 de outubro de 2013.
Contratista: Técnica y Proyectos, S.A.
3) Cofinanciamento da Unión Europea.
As actuacións referidas no punto 2) anterior cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos.
En concreto, a actuación coa letra a) encadrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.11: implantación e mellora de redes de control da calidade das augas e, a indicada coa letra b) no tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.9: implantación mantemento de redes de control de aforos. Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia