Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Delagro, Sociedad Cooperativa.
Domicilio social: Pol. Ind. Almuña-Barcia, parcela 11, 33700 Valdés-Luarca, Asturias.
Denominación: CS e CT de 400 kVA para subministración a industria de fertilizantes.
Situación: Pol. Ind. Penaporreira C-3B, As Pontes.
Características técnicas: CS e CT de 400 kVA, relación de transformación 20 kV/420 V, refrixeración aceite natural (ONAN) en baño de aceite mineral, en caseta independente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 19 de decembro de 2013
Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña