Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de outubro de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 97 sito en Pazos de Borbén, relativo ao proxecto 01208 (expediente 2012/000905).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Florinda Extremadouro Extremadouro o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de outubro de 2013, que fixa o prezo xusto do predio número 97 sito en Pazos de Borbén relativo ao proxecto 01208, expediente 2012/000905, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición da interesada nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01208-LAT 66 kV Ponte Caldelas-Pazos de Borbén. Exp. IN407A 05/784-4. TM Ponte Caldelas, Soutomaior e Pazos de Borbén.

Nº de expediente: 2012/000905.

Persoa que se vai a notificar: Florinda Extremadouro Extremadouro.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Deleg. Prov. de Pontevedra. Oficina Vigo.

Expropiados: Hros. Florinda Extremadouro.

Beneficiaria: Eléctrica Moscoso, S.L.

Predio nº: 97.

Concello: Pazos de Borbén.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado: 479,03 €.