Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de información pública polo que se anuncia o Plan xeral de ordenación municipal do Rosal.

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 18 de decembro de 2013, aprobou a adaptación do Plan xeral de ordenación municipal do concello do Rosal, inicialmente aprobado en sesión plenaria con data do 30 de novembro de 2009, ás directrices de ordenación do territorio e ao Plan de ordenación do litoral de Galicia.

Polo presente, o plan aprobado inicialmente, coas pertinentes modificacións derivadas da citada adaptación, e con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, sométese ao trámite de información pública, durante un prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra, o cal se computará a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O Rosal, 20 de decembro de 2013

Jesús María Fernández Portela
Alcalde