Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50562

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto, para a contratación da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense na zona de influencia da nave de Augas e Medio Ambiente na Pobra de Trives.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de combustible para o parque móbil e de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense na zona de influencia da nave de Augas e Medio Ambiente na Pobra de Trives, cun tipo de licitación de 37.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado, gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 21 de novembro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense