Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de decembro de 2013, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica o acordo de iniciación do 14 de novembro de 2013 relativo ao expediente sancionador de Lugo LU-23/2013 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona, o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, expediente LU-23/2013, incoado ao titular do establecemento de campamento de turismo denominado Vila de Sarria, situado na estrada de Pitín, km-1 do concello de Sarria (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Noméase instrutor do procedemento a Francisco López Castro e secretaria a Mercedes Campos Casares, funcionarios desta área provincial de turismo. O seu réxime de recusación é o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado nesta área provincial de turismo, sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa da Área Provincial de Turismo en Lugo, segundo o disposto no artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Expediente: LU-23/2013.

Denunciada: Camping Vila de Sarria, S.L.L.

Establecemento: Camping Vila de Sarria.

Enderezo: estrada de Pitín, km-1. Localidade: Sarria.

Feitos denunciados: deficiencias observadas na instalación.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.d) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Tipificación da infracción: artigo 109.6 da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: apercibimento.

Lugo, 12 de decembro de 2013

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo