Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 26 de novembro de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2012000945 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

anexo

Proxecto: 01161, modificado nº 1 variante da PO-546 no termo municipal de Pontevedra entre O Regueiriño e a PO-11. Clave: N/PO/91.10.3-M1.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

José Benito Pazos Estonllo

María Luisa Estévez Orozco

José Antonio González Moledo

José Rivadulla Campos

José Rivadulla Campos

José Rivadulla Campos

Manuel Rosales Touza

Manuel Rosales Touza

Manuel Rosales Touza

Manuel Rosales Touza

Hros. Castor Mujico Garrido

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

1.8.2013

2012000945

2012001879

2012001941

2012001942

2012001945

2012001946

2012001965

2012001966

2012001968

2012001969

2012001970

38 CO

139 NB

320 CO

327 CO

369 CO

338 CO

502 CO

503 CO

504 CO

505 CO

510 NA

344,48

608,75

1.091,08

99,10

231,23

170,10

1.247,40

623,70

441,00

252,00

6,30