Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 26 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de xullo de 2013 que fixa o prezo xusto do predio número 1011-1 sito na Lama, relativo ao proxecto 01148 (expediente 2012/000060).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a María Carmen García Bernárdez e outros o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 11 de xullo de 2013, que fixa o prezo xusto do predio nº 1011-1, sito na Lama, relativo ao proxecto 01148, expediente 2012/000060, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01148 acondicionamento da estrada PO-255 Ponte Caldelas, PO-250 (Forzáns) e PO-241. Treito: Caritel, A Lama. Clave: PO/07/033.01.

Nº expediente: 2012/000060.

Persoa a que se notifica: María Carmen García Bernárdez e outros.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiados: María Carmen García Bernárdez e outros.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 1011-1.

Concello: A Lama.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do xurado : 2.218,87 €.