María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 164/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Carlos Liñares Noya contra a empresa Trebellos, S.L. e Miguel A. Carrillo Domínguez, sobre ordinario, se ditou Decreto nº 522/2013, do 30 de outubro, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Miguel A. Carrillo Domínguez (DNI 33263511Z), pola suma de 10.067,46 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013
A secretaria xudicial