María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1055/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Costoya Rúa contra a empresa Invergalia Activos, S.L., sobre ordinario, ditouse o 18.9.2013 resolución dirixida a Invergalia Activos, S.L., contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Invergalia Activos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 4 de decembro de 2013
A secretaria xudicial