Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMT, CT Vilariño II.
Situación: Nigrán.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 324 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV 1600/15 da LMT GON807, á altura do p.q. 19,035 da estrada PO-340, e final no CT proxectado Vilariño II. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Vilariño de Abaixo, San Pedro da Ramallosa, Nigrán.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.
Pontevedra, 2 de decembro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados:
Predio 2. Concello: Nigrán. Lugar: Vilariño de Abaixo. Titular: descoñecido. Afección: 77,5 m2 de solo para o centro de transformación e servidume de paso.