Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50127

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería anunciada pola Orde do 19 de xullo de 2013.

Por Orde do 19 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 149, do 6 de agosto de 2013, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 19 de xullo de 2013 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que obtén o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Nome e apelidos: Beatriz Zapata Quintela.

Número de rexistro de persoal: 4584655457A207D.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia. Escala superior de finanzas.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura de Departamento Central de Recadación.

Código do posto: FCA020000415770005.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.