Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013368AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 20 de novembro de 2013, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2013368AL-CO incoado a Blanca Barrul Escudero.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Blanca Barrul Escudero o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do dito Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013368AL-CO.

Interesada: Blanca Barrul Escudero.

DNI/NIF/CIF: 46912148Z.

Último enderezo coñecido: rúa Fátima, 14, 3º A, 15007 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo); artigo 2.1.a) b) 1º 2º 3º c) 1º 2º 3º 2; artigo 6.1.2.; Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo); artigo 50.1.a); artigo 51.1.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 100 €.