Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 26 de novembro de 2013 pola que se notifican acordos do Xurado de Expropiación de Galicia que fixan o prezo xusto de predios expropiados (expediente 2011003685 e outros).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante a presente cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01148, acondicionamento da estrada PO-255 Ponte Caldelas-PO-250 (Forzáns) e PO-241. Treito: Caritel-A Lama. Clave: PO/07/033.01.

Concello: Ponte Caldelas.

Provincia: Pontevedra.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoa que se notifica

Data do acto
que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Elizalde García Lorenzo

Elizalde García Lorenzo

Celia Palleiro Calvo

Ángeles Victoria Méndez Martínez

Hros. Urbano Cal Cabanelas

Hros. María Martínez

Comunidade de Montes Forzáns-Ponte Caldelas

Jesús Rodríguez González

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

27.6.2013

2011003685

2011003686

2011003691

2011003713

2011003714

2011003718

2011003726

2011003728

67

68

81

132

134

156

178

183

11.214,95

3.694,85

33.543,43

6.669,81

6.548,43

12.475,79

207,27

80.946,79