Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49688

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das concesións das axudas para a creación e a mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2014, segundo o Regulamento de execución (UE) nº 335/2013, da Comisión, do 12 de abril de 2013.

O Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece no seu artigo 52 a posibilidade de outorgar axudas para a creación e o desenvolvemento de microempresas con vistas ao fomento do espírito empresarial e do desenvolvemento da estrutura económica. A Consellería do Medio Rural e do Mar dispón dun Programa de desenvolvemento rural (PDR) para o período 2007-2013, cofinanciado pola Unión Europea a través do Feader nun 75 %, seguindo as directrices do Regulamento (CE) 1698/2005 e disposicións complementarias. No PDR 2007-2013 figuran, na medida 312, axudas aos investimentos de microempresas que contribúan ao desenvolvemento rural, entre as que figuran as empresas de aproveitamentos forestais. No Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, establécense os criterios para subvencionar os gastos no marco do PDR cofinanciados polo Feader.

O Regulamento de execución (UE) nº 335/2013, da Comisión, do 12 de abril de 2013, que modifica o Regulamento (CE) nº 1974/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005, do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao cal tamén está suxeita esta orde, establece as normas de transición entre este período e o seguinte.

Estas axudas sométense ao réxime xeral de axudas establecido no Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 242, do 14 de decembro), comunicado á Comisión Europea co número de rexistro de axuda X28/2010), en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común, en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, cunha poboación maioritariamente rural, e a práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal do contorno, co que implica de diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serraxe ten unha gran importancia económica e social; abastécese fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais.

Coa finalidade de lograr unha boa execución dos recursos dispoñibles e asegurar a calidade dos investimentos que se subvencionan, recóllese a plurianualización das axudas, penalizacións por non execución de investimentos aprobados, así como a adaptación das resolucións de axuda a modificacións dos proxectos investidores, todo isto garantindo os criterios de concorrencia competitiva aplicados na concesión das axudas e dentro do marco normativo establecido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia, nas súas reunións do 24 de setembro e do 22 de outubro de 2009, aprobou o programa Impulsa Lugo e o programa Impulsa Ourense, respectivamente, nos cales se establecen, entre outras, as medidas transitorias de apoio aos investimentos. Dada a situación económica actual, en que as provincias de Lugo e Ourense se viron afectadas con especial incidencia pola desaceleración no desenvolvemento das empresas e proxectos de investimento existentes, considérase fundamental que a Consellería do Medio Rural e do Mar, a través das súas liñas de axuda, prime dalgún modo as iniciativas investidoras implantadas nestas áreas xeográficas, coa finalidade de estimular o seu desenvolvemento económico e social e favorecer o reequilibrio territorial.

Por iso, establécese na presente orde como criterio de prioridade o feito de que as actuacións se desenvolvan en concellos de zonas de montaña ou zonas desfavorecidas, de acordo coas definicións recollidas no Regulamento (CE) 1257/1999; ao estaren incorporados a elas case que a totalidade dos concellos destas dúas provincias.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión das subvencións que regulan as axudas para a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais e proceder á súa convocatoria para o ano 2014 en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse no Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e no establecido para as axudas rexionais ao investimento no Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común, en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías) (DOUE L 214, do 9 de agosto de 2008).

CAPÍTULO I
Bases reguladoras das axudas para creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais, parcialmente cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013

Artigo 2. Investimentos subvencionables

Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais. Os investimentos que se pretendan subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención.

Artigo 3. Investimentos en activos fixos produtivos

1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais).

2. Non se considerarán substitucións de investimentos, salvo no caso de incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción, en que se subvencionará o diferencial de custo. Para tal fin a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados polas substitucións mediante unha memoria.

3. Consideraranse con carácter exclusivo os seguintes:

a) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, acondicionamento e comercialización de produtos forestais non madeireiros (cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso de produtos forestais alimentarios non se considerarán os investimentos relativos ao acondicionamento.

b) Maquinaria específica, apeiros e utensilios que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal: asteladoras, fendedoras de leña, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa.

c) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

d) Equipamentos de seguridade.

e) Procesadoras, autocargadores, arrastradores forestais e outros equipos de corta e/ou saca de madeira, así como as adaptacións e utensilios.

f) Equipos tractocargadores completos e os seus utensilios forestais (os tractores deberán ter cabinas adaptadas para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida de biomasa, limitándose o importe da máquina tractora ao 60 % do valor do equipamento).

g) Rozadoras, en número non superior ao dos equipamentos de saca de madeira ou biomasa propiedade da empresa.

h) Góndolas, plataformas para o transporte da madeira ou biomasa, e guindastres que se instalen nelas. O número de plataformas e guindastres limitarase ao número de equipamentos de saca (tractocargadores ou autocargadores) que teña a empresa. Non se subvencionará máis dunha góndola por empresa.

i) Instrumentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa.

k) Equipos informáticos ata un máximo subvencionable de 2.000 euros/empresa, descontando as axudas percibidas anteriormente por este concepto.

Artigo 4. Plans e ferramentas de xestión empresarial

Poderán ser obxecto de subvención os servizos externos de diagnóstico, seguimento, certificación e execución de medidas correctoras, salvo adquisición de maquinaria, nas seguintes actuacións:

1) Consecución e actualización de licenzas para parques intermedios.

2) Implantación na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade para o control de custos, calidade e mantemento.

3) Certificación do proceso produtivo para a adaptación á cadea de custodia de madeira certificada, e/ou normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial necesarios para a realización da actividade.

Artigo 5. Beneficiarios

Os beneficiarios, ademais de cumprir os requisitos do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, deberán cumprir os seguintes requisitos:

1) Ser microempresas do sector forestal radicadas en Galicia. Tomarase a definición de microempresa incluída no anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008. Segundo esta definición, microempresas son aquelas empresas que ocupan menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros. Os socios que participan na empresa solicitante en porcentaxe igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto e participan ao mesmo tempo noutra empresa do sector forestal nun 25 % ou máis deberán presentar certificado axustado ao anexo V das outras empresas.

2) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe.

– Volume anual de vendas por importe superior ao triplo do investimento (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).

– Amortizacións máis beneficios superior á sexta parte dos investimentos (no imposto de sociedades ou na declaración anual do IVE).

– Contratos de venda ou prestación de servizos por importe superior ao investimento.

– Estudo de viabilidade asinado por profesional cualificado externo.

3) Deberán cumprir a normativa ambiental, que se acreditará coa presentación do documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) (ou certificación da Axencia Tributaria relativa a el) e unha declaración responsable do beneficiario de que a empresa cumpre coa normativa ambiental, segundo o anexo I.

4) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de subvención e un contrato de prevención de riscos laborais.

5) Deberán ter, polo menos, o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por tempo indefinido. Para as empresas de nova creación bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, de ser o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. Non será necesario cumprir este requisito nas subvencións inferiores a 60.102 euros.

6) Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 1, número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008. Tampouco poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 6. Exclusións

Non será subvencionable:

1) A adquisición de terreos, edificacións e mobiliario.

2) A adquisición de maquinaria usada.

3) Os tributos recuperables polo beneficiario, como o IVE.

4) A renovación de maquinaria que non implique incremento de potencia, prestacións ou capacidade de produción. Para tal fin a empresa xustificará a necesidade e os beneficios esperados pola substitucións mediante memoria. Neste caso valorarase unicamente a diferenza de custo.

5) Os gastos de reparación e mantemento.

6) Os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro ou calquera outra figura análoga.

7) Os investimentos destinados á manipulación ou comercialización de produtos de países non comunitarios.

8) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

9) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con fondos comunitarios.

10) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

11) Os investimentos iniciados antes da solicitude de axudas ao abeiro da presente convocatoria e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado con anterioridade á solicitude no caso de investimentos en parques intermedios.

Artigo 7. Importe das axudas

1. Os investimentos en bens de equipamento, recollidos no artigo 3, terán unha subvención básica dun 30 %, que poderá incrementarse ata un máximo do 40 % dos gastos elixibles segundo os criterios indicados no anexo II.

Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse cunha axuda dun 40 % dos gastos elixibles.

2. A axuda máxima por solicitante limitarase a 100.000 euros.

Artigo 8. Criterios de selección

1. A concesión de axudas realizarase de acordo cos seguintes principios:

• Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

• Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.

• Eficacia e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar.

2. Establécese un baremo de puntuación para seleccionar os investimentos que se vaian aprobar. Para iso, ordénase cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a continuación. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nos apartados a) e b).

a) Segundo o obxecto de investimento:

Baremo

Plans e ferramentas de xestión empresarial

200

Equipamentos informáticos

200

Investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamento de produtos silvícolas non madeireiros, excepto maquinaria para aproveitamento comercial da biomasa forestal, fendedoras de leña

200

Equipamentos de seguridade

190

Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa

150

Instrumentos de medición de masas forestais

110

Equipamentos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipamentos de saca de madeira

110

Procesadoras forestais e cortadoras

110

Rozadoras

100

Equipamentos completos e utensilios que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal, asteladoras, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa

100

Utensilios forestais (plataformas, guindastres e adaptación das plataformas) de transporte por estrada

100

Utensilios forestais de maquinaria de desembosque

80

Góndolas para transporte de maquinaria

10

b) Segundo as características da empresa:

Baremo

Por cada punto porcentual de incremento de axuda, segundo o anexo II (máx. 150)

10

Por cada unidade resultante da aplicación da seguinte fórmula:

[(V+T)/I] -1

V: importe do volume de vendas da empresa, I: suma dos investimentos solicitados; T: importe de contratos de saca ou servizo (máx. 60)

10

Empresas de nova creación (as creadas dentro dos 12 meses anteriores ao peche do prazo de presentación das solicitudes)

20

Empresas de comercialización conxunta (dun mínimo de 3 empresarios do sector con actividade nos últimos 3 anos)

100

Xerentes de idade inferior, na data de publicación desta orde, a 55 anos ou descendentes en activo na empresa

50

Empresas con mulleres xerentes, na data de publicación desta orde

20

Empresas situadas en concellos desfavorecidos (anexo III)

30

Empresas establecidas nos concellos que estean comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo IV)

30

3. Aprobaranse os investimentos así ordenados ata esgotar o orzamento. Os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial recollidos no artigo 4 subvencionaranse xunto cos investimentos en activos materiais segundo estes se aproben en función do baremo. A inclusión dun investimento material como subvencionable dá dereito á inclusión como subvencionable de todos os investimentos en plans e ferramentas de xestión empresarial que cumpran os requisitos, presentados pola empresa.

4. En caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a subvención a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo as 4 últimas cifras do NIF da empresa, de maior a menor, e irase aprobando a subvención para estes investimentos ata esgotar o orzamento.

5. No cumprimento dos principios de eficacia e utilización dos recursos públicos, no caso de algún dos beneficiarios renuncie á axuda, o importe desta, xunto con outros remanentes, se os houbera, poderase destinar á aprobación das solicitudes para as cales non tivese dotación orzamentaria suficiente no momento da resolución da concesión, mantendo a orde de priorización obtida no baremo.

Artigo 9. Solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á secretaria xeral de Medio Rural e Montes:

a) No caso de prever investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, deberá solicitar a comprobación de non inicio dos investimentos xuntando plano con indicación da localización do parque.

b) A solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, dirixida á secretaria xeral de Medio Rural e Montes, segundo modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de non estar asinada polo representante legal, deberá achegar documentación xustificativa da acreditación por parte da empresa.

c) Deberase achegar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren.

O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica. A Administración comprobará o valor do mercado dos gastos subvencionables e velará pola adecuada moderación dos custos propostos, rexeitando aqueles que non se axusten aos criterios anteriores, de acordo co artigo 30.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

d) Certificación da condición de microempresa, segundo o anexo V. Os empresarios autónomos deberán cubrir as alíneas b), c), e) e f). Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos serán referidos á ultima declaración do IRPF e os de persoal serán referidos ao mes anterior ao da publicación da orde. Os socios que participan na empresa solicitante en porcentaxe igual ou superior ao 25 % do seu capital ou dereitos de voto e participan ao mesmo tempo noutra empresa do sector forestal nun 25 % ou máis deberán presentar certificado axustado ao anexo V das outras empresas.

e) Declaración relativa a outras axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas ou non, para os mesmos investimentos para os cales se solicita subvención ao abeiro da presente orde segundo o anexo I.

f) Memoria onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo VI da presente orde (puntos 3), 4) e 5)).

g) Ficha cos datos da empresa, segundo as distintas follas do anexo VII con todos os datos consignados que procedan segundo o tipo de empresa e asinada na última folla.

h) Copia dos seguintes documentos:

1º. Último imposto de sociedades ou, na súa falta, último IRPF declarado. E, ademais, a declaración anual do IVE para os autónomos.

2º. Copia cotexada do NIF ou DNI/NIE do solicitante. Ao abeiro do artigo 2 do Decreto 255/2008, as persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación dos seus datos persoais por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, non terán que presentar a copia do DNI ou NIE.

3º. No caso que a empresa soamente teña traballadores no réxime xeral, deberá presentar os últimos TC1, TC2 anteriores á publicación da orde e certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no réxime agrario. No caso que a empresa soamente teña traballadores no réxime agrario, deberá presentar os últimos TC1/8 anteriores á publicación da orde e certificado da Seguridade Social de non ter traballadores no réxime xeral. Se a empresa ten traballadores nos dous réximes, deberá presentar os TC1, TC2 e os TC1/8 anteriores á publicación da orde.

4º. Último recibo de pagamento dos autónomos da empresa.

5º. Documento de alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da Axencia Tributaria relativa a este, onde a empresa deberá estar dada de alta en actividades relacionadas con aproveitamentos, servizos ou actividades forestais.

6º. Póliza do seguro de responsabilidade civil e recibo actualizado.

7º. Contrato dun servizo de prevención de riscos laborais e recibo actualizado.

i) Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 5. Se o solicitante elixe un estudo da viabilidade asinado por profesional cualificado.

j) No caso dos investimentos do artigo 4 (plans e ferramentas de xestión empresarial): memoria asinada detallada do contido que se vaia desenvolver.

k) No caso de maquinaria cuxa subvención estea supeditada a que a empresa teña maquinaria de saca en propiedade, como é o caso de rozadoras, plataformas con guindastre para transporte por estrada, góndolas etc., deberán presentar unha declaración responsable de que a empresa posúe maquinaria de saca en propiedade ou, na súa falta, compromiso de que no momento da solicitude de cobramento final a vai posuír, segundo o anexo I.

l) No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

1º. Plano asinado onde veña reflectida a situación do parque.

2º. Licenza municipal de actividade e, de ser o caso, licenza de obra. Na súa falta, poderán presentar solicitude de licenza no concello e informe urbanístico favorable, tendo que presentar, neste caso, a licenza xunto coa solicitude de cobramento final da subvención.

m) No caso de investimentos para biomasa: contrato de subministración de biomasa ou xustificación documental de que o investimento está orientado a un aproveitamento comercial da biomasa.

n) No caso de substitucións de investimentos: memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución.

ñ) No caso de xerentes de idade inferior a 55 anos na data de publicación desta orde ou descendentes dos propietarios ou administradores en activo na empresa, os primeiros ademais de incluírse no punto C do anexo V, DNI cotexado, copia contrato ou últimas nóminas asinadas; DNI, copia contrato ou últimas nóminas asinadas e libro de familia para os descendentes dos propietarios ou administradores da empresa. No caso de presentar autorización segundo o anexo XIII, non será necesario presentar o DNI.

o) No caso de empresas con mulleres xerentes na data de publicación desta orde, ademais de incluírse no punto C do anexo V, DNI cotexado e copia contrato ou últimas nóminas asinadas. No caso de presentar autorización segundo o anexo XIII, non será necesario presentar o DNI.

5. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav

Artigo 10. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación corresponde á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. Presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa emenda, coa indicación de que, se non se fixera, se considerará que desiste da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 20.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

3. Todas as solicitudes presentadas polo mesmo solicitante serán consideradas como unha soa para os efectos de tramitación. Non se exixirá a presentación dos documentos que consten en poder da Xunta de Galicia, debendo o solicitante indicar para iso o órgano e procedemento administrativo ante o cal achegou tal documentación.

4. A distribución das anualidades nas axudas individuais realizarase con base nas previsións de execución comunicadas polos beneficiarios no anexo VI e nos condicionantes orzamentarios indicados no artigo 22.

5. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano xestor, valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios regulados no artigo 8 e emitirá un informe con base no cal formulará a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Correspóndelle á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes resolver as solicitudes presentadas por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar.

Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada, de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

Na notificación da concesión da axuda hai que informar os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude do PDR 2007-2013 cofinanciado polo Feader na medida 312, axudas aos investimentos de microempresas que contribúan ao desenvolvemento rural, entre as cales figuran as empresas de aproveitamentos forestais, de acordo co establecido no punto 1.2 do anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

7. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de 5 meses. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non teñan unha comunicación de aprobación de axuda poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver da Administración.

8. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

9. Unha vez comunicada a concesión da axuda, o adxudicatario dispoñerá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Artigo 11. Documentación que se debe presentar para a solicitude de cobramento

1. Para a percepción dos pagamentos, sexan pagamentos á conta ou totais, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento da subvención. Anexo VIII.

b) Copias cotexadas das facturas orixinais, así como copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento.

c) Relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas ou non, para os mesmos investimentos, segundo o anexo IX.

2. No último pagamento presentaranse os seguintes documentos:

a) Actualización da ficha cos datos da empresa, segundo o anexo VII da orde.

b) Memoria (anexo X), indicando as actuacións executadas, as medidas correctoras implantadas e a importancia delas na actividade futura do beneficiario.

c) Xustificantes das accións previstas no anexo II que se presentaron para incrementar a porcentaxe de axuda.

d) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral do beneficiario desde o inicio do ano en que se solicitou a axuda ata a data de xustificación final dos investimentos, coa relación de traballadores e as datas de alta e baixa, ou certificado de non ter traballadores se é o caso. Presentarase para os réximes xeral e agrario.

e) Últimos recibos dos autónomos da empresa anteriores á xustificación do cobramento.

f) Certificado de conformidade do provedor da factura presentada e do pagamento correspondente, onde figure o importe e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado e facendo constar que se trata dun equipamento novo.

g) Específicas dos investimentos obxecto de subvención:

1º. Plans e ferramentas de xestión empresarial: para o pagamento final presentarase informe de seguimento do plan con detalle das accións correctoras.

2º. Maquinaria móbil: certificado de homologación (ou, no caso de vehículos de rodas, ficha técnica e permiso de circulación) do conxunto máquina base –modificacións– apeiros instalados en que conste o ano de fabricación da máquina, e seguro do vehículo ou de responsabilidade civil da empresa con indicación expresa do vehículo. Ademais, deberase presentar a mesma documentación dos equipamentos do mesmo tipo subvencionados anteriormente ou dos que os substituíron. Deberá tamén presentar certificado orixinal do fabricante do equipamento subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, así como copia do facsímil do fabricante do número de chasis.

3º. Vehículos e utensilios de transporte de madeira por estrada: documentación indicada no punto anterior, tanto dos bens obxecto de subvención como dos equipamentos de saca que condicionan a súa subvención (non será necesario presentar certificado orixinal do fabricante do equipo subvencionado, con indicación do número de chasis e ano de fabricación, nin copia do facsímil do fabricante do número de chasis dos equipos de saca que condicionan a súa subvención).

4º Parques intermedios de rolla ou biomasa: deberán presentar a licenza municipal e a de obra se non se achegaron na solicitude de subvención. No caso de instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa ambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas.

3. Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo, indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención.

4. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

5. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os 2.500 €; neste caso, o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e cuñada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento. Esta certificación xuntarase á factura preceptiva.

Para gastos que non superen os 300 € admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «recibín en metálico».

Artigo 12. Procedemento de pago e xustificación

1. Unha vez presentada a solicitude de cobramento final, realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados. Os equipamentos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipamento comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

2. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

3. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes emitirá a correspondente proposta de pagamento.

4. De acordo co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderanse realizar pagamentos á conta. Os pagos a conta non superarán o 80 % da subvención concedida.

5. Os pagamentos a conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000 euros, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes ao da finalización do prazo de xustificación previsto na convocatoria. O referido aval depositarase á disposición da Consellería do Medio Rural e do Mar na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % do importe que se percibirá na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de cobramento da primeira anualidade xunto co resto da documentación, nos prazos que se establezan para a xustificación da primeira anualidade da subvención. Este certificado de depósito devolveráselle ó interesado unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención. Estes avais poderán ser liberados no suposto de que se constitúan para pagamentos á conta correspondentes a fases ou partes do investimento susceptibles de avaliación independente e se comprobe a realización do investimento.

6. O pagamento da porcentaxe adicional aos investimentos en activos produtivos, recollido no artigo 7, queda condicionado á execución das accións que incrementan a axuda e ao seu seguimento por parte da empresa.

Artigo 13. Modificación da resolución e reintegros da axuda

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisa introducir modificacións para unha mellor xestión empresarial, ben sexa no obxecto dos investimentos subvencionados, no importe dos investimentos subvencionados ben na distribución de anualidades, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural e do Mar, xustificando as razóns do cambio e xuntando a oportuna actualización do expediente que recolla as variacións do proxecto orixinal. O prazo para solicitar a modificación da resolución será antes do mes anterior á finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supor discriminación a terceiros.

A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural e do Mar, logo de instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada da Subdirección Xeral de Recursos Forestais, aplicando os criterios de selección do artigo 8.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de subvención, así como o feito de encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

3. Serán causa de reintegro de subvención as circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Se o beneficiario percibiu pagamentos parciais e a execución parcial non cumpriu os obxectivos iniciais previstos ou as accións do anexo II comprometidas, así como as condicións da resolución, procederase á tramitación do expediente de reintegro da subvención percibida máis os xuros de mora, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución, conforme o disposto no artigo 2 do Regulamento 937/2012.

4. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a subvención que se deberá pagar será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

5.Aplicarase unha penalización equivalente ao 20 % da axuda correspondente aos investimentos non xustificados, salvo que o beneficiario comunique a imposibilidade de executar estes investimentos cunha antelación superior a dous meses antes do remate do prazo de execución non prorrogado.

Esta penalización aplicarase tamén para as accións do anexo II non xustificadas.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario na solicitude de cobramento supere en máis dun 3 % o importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a axuda por percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

7. Se se descubre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que foran aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

Artigo 14. Controis.

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis que considere oportunos co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas, en especial a contabilidade e/ou a xestión técnico-económica da maquinaria e o cumprimento dos compromisos adquiridos coa concesión da subvención.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos no Regulamento (CE) nº 65/2011 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural. Os controis administrativos realizaranse sobre o 100 % dos expedientes presentados e os controis sobre o terreo sobre un mínimo dun 4 % do gasto público declarado á Comisión no ano natural correspondente. Esta mostra deberá sumar o 5 % do gasto declarado polo mesmo concepto durante todo o período de programación. Os controis a posteriori faranse sobre unha mostra do 1 % como mínimo do gasto público declarado á Comisión.

Artigo 15. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 17. Obrigas

1. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas, así como das instancias comunitarias de control respecto das operacións cofinanciadas con Feader.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de subvención e deberá manter os investimentos subvencionados e os requisitos que condicionaron a obtención da axuda, durante un período mínimo de 5 anos, contado desde o fin do prazo de xustificación da segunda anualidade.

4. O beneficiario está obrigado a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 75.1.c) i) do Regulamento (CE) nº 1698/2005.

5. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comporta a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para que obteña de forma directa a información tributaria do beneficiario que resulte necesaria para cuantificar os indicadores de resultados do PDR de Galicia 2007-2013, de acordo co establecido no Marco común de seguimento e avaliación do Feader. Non obstante, o beneficiario poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a información requirida na orde no anexo XII.

Artigo 18. Información e publicidade

Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, as microempresas beneficiarias das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 €, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais».

CAPÍTULO II
Convocatoria de axudas para 2014

Artigo 19. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2014 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, a documentación, as condicións e o procedemento de xestión das axudas serán as establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 20. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como última día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 21. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación finalizará o 15 de setembro de 2014 e o 31 de maio de 2015, segundo a anualidade que corresponda. Poderase conceder prórrogas de cada anualidade, de acordo co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de solicitude razoada realizada cunha antelación superior ao mes antes do remate do prazo de xustificación.

Artigo 22. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0, código de proxecto 2007 00464, con 500.000 euros para o ano 2014 e 1.500.000 euros para o ano 2015. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2014, no momento da resolución.

2. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, do Estado do 12,13 % e da Xunta de Galicia do 12,87 %.

3. A Consellería do Medio Rural e do Mar, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento da presente orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, de ser o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

A ampliación de crédito publicarase nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Disposición adicional primeira

As axudas serán incompatibles con calquera outra destinada aos mesmos fins que teña fondos comunitarios. Serán compatibles con outras con fondos non comunitarios ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Igualmente, publicaranse na correspondente páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Para isto, a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional terceira

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional cuarta

No non previsto nesta orde observarase o disposto nos regulamentos (CE)1974/2006, (CE)1698/2006 e (CE)65/2011 do Consello, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Real decreto 1852/2009, que establece os criterios para subvencionar os gastos dos programas de desenvolvemento rural, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición adicional quinta

O límite para a concesión destas axudas será o 30 de xuño de 2014, data límite de aplicabilidade do Decreto 432/2009, do 11 de decembro, polo que se regulan as axudas rexionais ao investimento e ao emprego ba Comunidade Autónoma de Galicia, en aplicación do Regulamento (CE) 800/2008, sen prexuízo de aplicar a nova data que resulte no caso de prórroga ou ampliación do límite.

Disposición derradeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantas instrucións ou actos de aplicación considere oportunos para executar esta orde.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO II
Accións e porcentaxe de incremento da axuda

Accións que incrementan a axuda (nos investimentos en activos fixos produtivos)

Incremento
da axuda

Por cada curso de formación específico da actividade forestal cunha duración mínima de 20 horas, realizado por traballadores da empresa desde o 1.1.2009 (máximo 2 cursos)

1 %

Por dispor de contrato de externalización das garantías para todos os traballadores da empresa

1 %

Por pertenza a asociación profesional do sector

2 %

Por ter contrato con xestor autorizado de residuos industriais

3 %

Empresas coa cadea de custodia certificada nos últimos cinco anos ou con certificación anterior a cinco anos e que acheguen actualización da certificación

5 %

Plan de control da calidade e/ou mellora da xestión empresarial certificado por auditor autorizado

2 %

Empresa de comercialización conxunta

5 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, ata un máximo de 2

1 %

Por cada posto de traballo fixo creado ou convertido de eventual a fixo, para mulleres, persoas de idade inferior a 25 anos, persoas con discapacidade ou con dificultade de inserción, ata un máximo de 2

2 %

Os cursos de formación deberán ter un recoñecemento oficial. Non se contabilizarán os propios dos plans de seguridade laboral. Para valorar os cursos de formación poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada, acompañado de informe favorable da asociación sectorial ou organismo capacitado para a realización do curso. Os traballadores deberán estar en activo na empresa.

Considéranse empresas de nova creación as creadas dentro dos 12 meses anteriores ao prazo de presentación das solicitudes e poderán achegar compromiso de realización das accións.

Plans de adaptación á cadea de custodia e de mellora da xestión empresarial: no momento da solicitude bastará contrato ou orzamento comercial da acción e memoria en detalle do contido que se vaia desenvolver.

Só puntuará a creación dos postos de traballo fixo na empresa ou a conversión de eventual a fixo que se faga a partir da data de publicación da orde. Para a súa valoración poderase presentar un compromiso mediante declaración xurada.

Estas accións serán comprobadas na inspección final, analizando se efectivamente foron incorporadas ao funcionamento normal da empresa. A non execución será penalizada de acordo co indicado no artigo 13.5.

ANEXO III
Lista de concellos desfavorecidos

A Coruña

Guitiriz

Bola, A

Ramirás

Aranga

Guntín

Bolo, O

Ribadavia

Arzúa

Incio, O

Calvos de Randín

San Xoán de Río

Boimorto

Láncara

Carballeda

Ríós

Capela, A

Lugo

Carballeda de Avia

Rúa, A

Cedeira

Meira

Carballiño, O

Rubiá

Cerceda

Mondoñedo

Cartelle

San Amaro

Cerdido

Monforte de Lemos

Castrelo de Miño

San Cibrao das Viñas

Coirós

Monterroso

Castrelo do Val

Cea

Curtis

Muras

Castro Caldelas

Sandiás

Frades

Navia de Suarna

Celanova

Sarreaus

Irixoa

Negueira de Muñiz

Cenlle

Taboadela

Mañón

Nogais, As

Chandrexa de Queixa

Teixeira, A

Melide

Ourol

Coles

Toén

Mesía

Outeiro de Rei

Cortegada

Trasmiras

Monfero

Palas de Rei

Cualedro

Veiga, A

Ordes

Pantón

Entrimo

Verea

Oroso

Paradela

Esgos

Verín

Ortigueira

Páramo, O

Gomesende

Viana do Bolo

Pino, O

Pastoriza, A

Gudiña, A

Vilamarín

P. García Rodríguez, As

Pedrafita do Cebreiro

Irixo, O

Vilamartín de Valdeorras

San Sadurniño

Pol

Xunqueira de Ambía

Vilar de Barrio

Santiso

Pobra do Brollón, A

Larouco

Vilar de Santos

Sobrado

Pontenova, A

Laza

Vilardevós

Somozas, As

Portomarín

Leiro

Vilariño de Conso

Toques

Quiroga

Lobeira

Xinzo de Limia

Tordoia

Rábade

Lobios

Xunqueira de Espadañedo

Touro

Ribas de Sil

Maceda

Pontevedra

Trazo

Ribeira de Piquín

Manzaneda

Arbo

Val do Dubra

Riotorto

Maside

Campo Lameiro

Vilasantar

Samos

Melón

Cañiza, A

Cariño

Sarria

Merca, A

Cerdedo

Lugo

Saviñao, O

Mezquita, A

Cotobade

Abadín

Sober

Montederramo

Covelo

Alfoz

Taboada

Monterrei

Crecente

Antas de Ulla

Triacastela

Muiños

Cuntis

Baleira

Valadouro, O

Nogueira de Ramuín

Dozón

Baralla

Vilalba

Oímbra

Estrada, A

Becerreá

Ourense

Ourense

Forcarei

Begonte

Allariz

Paderne de Allaríz

Fornelos de Montes

Bóveda

Amoeiro

Padrenda

Agolada

Carballedo

Arnoia, A

Parada de Sil

Lalín

Castro de Rei

Avión

Pereiro de Aguiar, O

Lama, A

Castroverde

Baltar

Peroxa, A

Mondariz

Cervantes

Bande

Petín

Neves, As

Chantada

Baños de Molgas

Piñor

Pazos de Borbén

Corgo, O

Barbadás

Pontedeva

Ponte Caldelas

Cospeito

Barco de Valdeorras, O

Porqueira

Rodeiro

Folgoso do Courel

Beade

Pobra de Trives, A

Silleda

Fonsagrada, A

Beariz

Punxín

Vila de Cruces

Friol

Blancos, Os

Quintela de Leirado

Xermade

Boborás

Rairiz de Veiga

ANEXO IV
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmiras, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XII
Documentación tributaria que deberán achegar os beneficiarios das axudas

Natureza
do beneficiario

Información que hai que presentar

Prazo en que deberá ser presentada

Sociedade anónima

Sociedade limitada

Sociedade cooperativa

Importes incluídos nos recadros 255, 258, 260, 265 e 270 das declaracións do imposto de sociedades (modelo 200) presentadas á AEAT correspondentes aos seguintes exercicios:

– Exercicio fiscal en que se produza o último pagamento da axuda concedida a través desta orde (exercicio x).

– Dous exercicios fiscais posteriores ao anterior (exercicio x+2).

(Aqueles beneficiarios que percibisen en anos anteriores axudas da Xunta de Galicia da mesma natureza que as da presente orde, adicionalmente deberán achegar os importes incluídos nos recadros 255, 258, 260, 265 e 270 das declaracións do imposto de sociedades (modelo 200) presentadas á AEAT, correspondentes aos exercicios 2011 e 2012 2013).

Durante o mes de setembro
do ano x+3.

Persoas físicas

Sociedades civís

Comunidades de bens

Copia compulsada das seccións E1, E2 e E3 das declaracións do IRPF (modelo 100) presentadas á AEAT correspondentes aos seguintes exercicios:

– Exercicio fiscal en que se produza o último pagamento da axuda concedida a través desta orde (exercicio x).

– Dous exercicios fiscais posteriores ao anterior (exercicio x+2).

(Aqueles beneficiarios que percibisen en anos anteriores axudas da Xunta de Galicia da mesma natureza que as da presente orde, adicionalmente deberán achegar copia compulsada das seccións E1, E2 e E3 das declaracións do IRPF presentadas á AEAT correspondentes aos exercicios 2011, 2012 e 2013).

Durante o mes de xullo
do ano x+3

missing image file