Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49742

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 11 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 19 de abril de 2013 (DOG número 84, do 2 de maio), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 19 de abril de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se non implica cambio de residencia, ou no prazo dos sete días hábiles seguintes ao do cesamento se comporta cambio de residencia, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: González Domínguez, José Javier.

NRP: 3244101924 A2077.

Grupo: A2.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Explotacións Agrarias.

Código: MR.C99.10.301.15001.002.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.