Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fan públicas resolucións correspondentes a expedientes de reintegro de axudas e subvencións, xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembros) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que comparezan persoalmente ou debidamente representadas na sede do Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial de Vigo; rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, e advírteselles de que, de non facelo así serán consideradas notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 25 de novembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: REINT 2013/004-5.

Nome: Técnicas de Moldura de Galicia, S.L.

CIF: B36479798.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Área 33, parcela 15, 36540 Silleda.

Feito imputado: non manter os traballadores subvencionados por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base novena do anexo D da Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Nº de expediente de reintegro: REINT 2013/11-5.

Nome: Grupo Chevika, S.A.

CIF: A36973188.

Último enderezo coñecido: rúa Condesa Casa Bárcena, 2, 36204 Vigo.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base novena do anexo D da Orde do 26 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Nº de expediente de reintegro: REINT 2013/035-5.

Nome: Arcoiris Complementos S. Coop. Galega.

CIF: F94034915.

Último enderezo coñecido: rúa Rafael Tilve Adrio, 26-bx. A, 36470 Salceda de Caselas.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base sétima punto 1 do anexo A da Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Tipo de axuda: axudas á contratación indefinida.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.