Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49414

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 5 de decembro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (Galicia Emprende).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 238, do 13 de decembro de 2013, cómpre facer a seguinte corrección:

– Na páxina 47921, na letra b) do artigo 18.3, onde di:

«b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida. Para tal efecto, o Igape poderá desenvolver mediante unha instrución da Dirección Xeral os criterios de graduación para determinar o alcance da obriga de reintegro».

Debe dicir:

«b) No caso de incumprimento doutras condicións, o seu alcance será determinado en función do grao e entidade da condición incumprida. Para tal efecto, o Igape poderá desenvolver mediante resolución do director xeral, ditada por delegación do Consello de Dirección e publicada no DOG, os criterios de gradación para determinar o alcance da obriga de reintegro».