Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49440

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de traballo, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 17 de outubro de 2013.

Mediante Orde do 17 de outubro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 209, do 31 de outubro de 2013, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo de Xefatura do Servizo Xestión Técnico-Administrativa e Interior, co código de posto PR.C99.10.000.36001.110, de conformidade co disposto no punto sexto da citada Orde do 17 de outubro de 2013.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza