Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado, como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuncia dun recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Antonio Pérez Costa.

Último enderezo coñecido: Courel, A Órrea, 27744 Riotorto (Lugo).

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por José Bouso Costa e Pilar Castelao Méndez contra o Acordo de concentración parcelaria da zona da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e que está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o prazo de dez días desde o seguinte ao da súa publicación nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 39 70.

Modificación que se propón:

1. Nos planos do acordo:

• Aumentar a cabida do predio número 885, a custa dunha parte do predio número 886.

• Aumentar a cabida do predio número 837, a custa dunha parte do predio número 838.

2. Na ficha de atribucións do propietario número 371 (Antonio Pérez Costa [A]):

• Modificar o predio número 885, que, tras iso, queda cunha superficie de 6.445 m2 e un valor de 578.865 puntos.

• Modificar o predio número 838, que, tras iso, queda cunha superficie de 7.746 m2 e un valor de 415.425 puntos.