Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da asemblea xeral da Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia, onde se reflicte o acordo acadado o 29 de xuño 2013 e que consiste no cambio do domicilio social, que pasa a ser en Centro de Negocios Costa Vella, rúa de Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social