Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2013/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín Betancourt, nº 25, 4º planta, 28042 Madrid.

Denominación: LMT e CT para planta de bombeo marxe esquerda.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas:

LMT subterránea de 15 m de lonxitude a 20 kV, con condutor RHZ1 2012/20 kV 3×(1×150 mm2), que discorre entre o centro de seccionamento existente (32CDY4) e o CT proxectado en caseta con cela de entrada, cela de protección e cela de medida para o transformador seco de 2.000 kVA e R/T 20.000/690 V.

Orzamento: 70.531,00 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 2 de decembro de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María Dolores Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas